19/02/2017

Batuke Galego

O Batuke Galego de Trópico de Grelos é un espectáculo que reflicte, a pé de rúa, o espírito dos blocos de Salvador de Bahía.

A percusión vai acompañada dunha persoa cantando apoiada por coristas, que fan versión de temas míticos brasileiros con variacións do legado “tropiqueiro”. Ademáis, interpretan tamén cancións propias, transformando esta idea primixenia de Salvador, nunha exhibición perfecta para as rúas e prazas do outro lado do Atlántico.

O seu carácter alegre e participativo, fai desta representación unha das actuacións máis recomendables para encher as ubicacións onde se desenvolve a festa, enchéndoas de música e cor.

O sabor das cancións que o Batuke Galego mostra nas súas funcións, non deixará indiferente a quen o desfrute, que vivirá unha experiencia bahiana que lembrará sempre.