20/02/2017

BateBatuke

O BateBatuke é o festival anual de Trópico de Grelos, o cal ven celebrándose en Santiago de Compostela dende o 2009 e que aúna todos los valores que a asociación procura. A entrada é libre e gratuita, cuestión que fai gala do talante aberto da agrupación.

No BateBatuke colaboran tanto as persoas de Trópico de Grelos como o alumnado da escola Prucupá e varias persoas voluntarias. Entre todas logran unha magnífica festa na que, comida, bebida e actuacións, amenizan un fin de semana de Xuño. O sábado celébrase nun espazo fixo e o domingo reemátase coun desfile polas rúas de Compostela.

Nesta festa se respira alegría. A diferentes actuacións musicais e circenses, xunto coas colaboracións das artistas invitadas, fan deste festival unhas xornadas perfectas para celebrar o traballo que durante todo o ano realiza a asociación Trópico de Grelos.

O que no BateBatuke se ofrece, ademáis dun menú variado e exquisito a precios populares, artesanía, música e diversión, é a participación do público nas súas actividades, como obradoiros impartidos por mestrase e mestres de renome e actuacións de danza, percusión e outros estilos musicais que variarán según os conxuntos convidados.

Neste festival ensalzase a idea de grupo e como éste acada, grazas aos seus intereses comúns, un fin de semana perfecto para toda a familia, en compañía de persoas amantes da percusión e da festa. Crianzas, xoves e persoas adultas, disfrutarán nestas xornadas dunha verdadeira experiencia tropical á que querrán voltar ano tras ano.

BateBatuke 2016
BateBatuke 2016
BateBatuke 2015
BateBatuke 2015

Podedes ver a web do BateBatuke na siguiente ligazón: