EspañolGalego

Obradoiro de Aplicacións de Instrumentos de Percusión na Música Popular con Paulo Silva

obradoiro-de-percusión
No curso serán abordadas algunas combinacións de instrumentos de percusión (alguns deles: cajón, pandeiro, zabumba, pandeireta, agogô, adufe, tamborim,surdo), para aplicar en diversas situacións da música popular coma: rock, pop- rock, reggae,ritmos brasileiros e ritmos latinos.

Dentro do contido será igualmente abarcadas algunas técnicas que axudaran no control e combinación dos instrumentos tais coma independencia, escrita dos instrumentos a seren combinados e acentuacións.

Será distribuído un material escrito, de aúdio e video con tópicos de todo o contido didático.

-Día 12 de maio, 17:00h
-duración 3h
-máximo 20 prazas
-prezo: 10€ prucupeir@s/15€para @s demáis.
-No antigo colexio Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriños, 21, Santiago de Compostela

Paulo Silva

Natural de Salvador da Bahía, Brasil, cursou estudos na escola de música da Universidade Federal de Bahía (UFBA) durante once anos, catro deles cursando estudos superiores. Durante oito anos participou, como convidado, no Grupo de percusión da UFBA (onde desenvolveu moitos traballos con percusión brasileira) gañando o Trofeo Caymmi en 2003 (importante premio da música em Bahia), na Banda de Música e na Orquesta Sinfónica na Universidade. Tamén posúe unha ampla experiencia en música de cámara clásica e contemporánea.

Colaborou con varios artistas de Salvador de Bahia tanto en batería como en percusión, abarcando diferentes estilos como o jazz, funk, soul, blues, reggae, hip-hop, rock, pop, bossa-nova, ritmos afro-brasileiros e música étnica (World Music).

En Galicia, onde vive dende fai 4 anos colobora, graba e comparte palco con artistas como: Xosé Manuel Budiño, Odaiko Percussion Group , Sergio Tannus, Uxía, Guadi Galego, Emílio Rúa, Carlos Blanco, Óscar Fernández, Óscar Ibañez, Mercedes Peón, Jorge Pardo, Kepa Junkera, Socorro Lira, Aline Frazao, Fred Martins, Joao Afonso, L.A.R. Legido, Octavio Vargas, Carlos Castro, Xacobe Martínez, Pablo Seoane, La Otra banda, Alejandro Vargas, O Som do Galpom, , Roberto Sobrado, Jamila Purofilin e Verônica Valois, entre outros.

Durante 2004 e 2005 cursou estudos de batería de jazz con Michael Küttner na cidade de Mannheim - Alemania, grazas a unha beca de estudos na Musikhochschüle Mannheim. Tamén participou en numerosas grabacións tanto en batería, como en percusión e cantante, destacando o último traballo ca famosa percusionista americana Layne Redmond, Sundaryalahari. Outros grupos cos que toca actualmente son : Sergio Tannus Trío, Fred Martins, Carlos Blanco, Kana Kaiana, Baking Blues Band, Duo Afrofunk, e Emilio Rúa entre outras colaboracións.

Foi profesor do curso de percusión brasileira da Gentalha do Pichel (2010 – 2011) e profesor de batería e percusión da Escola Municipal de Serra de Outes. Compaxina a súa actividade musical ca carreira de Bateria- Jazz no Conservatorio Superior de Jazz de A Coruña e ca ensinanza, dando cursos de percusión brasileira por toda a xeografía galega e sendo mestre de batería, percusión e solfexo na Escola Municipal de Vedra.

http://www.myspace.com/paulosilvasambafunkmantra