20/02/2017

Aulas de Percusión

Escola Prucupá-Batucada Compostela

 

Aulas de percusión afrobrasileira

INSCRÍBETE en escolaprucupa@gmail.com


O período lectivo da Escola Prucupá é de Outubro a Maio

no local de Trópico de Grelos en Santiago de Compostela.


Grupo INICIACIÓN

Horario de tarde: Mércores de 18h a 19.30h

Horario de mañá: Xoves de 12h a 13.30h

Introducímonos no mundo da percusión afrobrasileira coñecendo os instrumentos que conforman os blocos de percusión en Salvador de Bahía.

Tocaremos ritmos bahianos, parte de técnica de instrumento, lectura musical e percepción rítmica.

Non é necesaria experiencia previa nin instrumento propio.


Grupo AVANZADO

Mércores de 20h a 21.30h

Continuación ao nivel de iniciación que profundiza nos contidos do primeiro curso da Escola.

Ó longo do ano desenvolveránse cuestións técnicas, sonoras e de entendemento rítmico baixo o estudo dos famosos toques de blocos como Olodum, Malê Debalê, Timbalada e Ilê Aiyê entre outros. 


escolaprucupa@gmail.com

Teléfono: 661 154 166

Escola Prucupá-Batucada Compostela